Outro ilusionismo é posible...en igualdade.
2 iLUSIONISTAS XENUÍN@S
Unha romaría de maxia, onde A Maga Fani e Martín Camiña conducirán unha cadea de acontecementos dende outra dimensión.
Ilusións surrealistas e sorprendentes para non deixar de escaravellar a testa, sachar na caluga ou apiñar nova información no hipocampo. Asemade, sementaremos os alicerces da grande pregunta da humanidade:
é posíbel atopar un programa cultural na televisión?
Porén, este acto escénico é unha malleira de información abraiante, que precisa do pulo da concorrencia.
En resumo, se quixeres aburrirte, este non é o espectáculo que precisas.
TAMÉN POSIBILIDADE DE ACHEGAR TARIMA DE 6 x 4 metros (tarima tipo GUIL)
ILUSIONISTAS GUIÓN
A Maga Fani A Maga Fani
Martín Camiña Martín Camiña
DIRECCIÓN DESEÑO ILUMINACIÓN A Maga Fani Ángel Modia
Martín Camiña
TÉCNICO ILUMINACIÓN VESTIARIO
Chiqui Producións Herméticas
TÉCNICA DE SON COBERTURA TÉCNICA
Isa Escóitame Producións