Outro ilusionismo é posible...en igualdade.
2 iLUSIONISTAS iMPARES
Un espectáculo que non garda simetría por ningures.
Un espectáculo con metros de 90 centímetros e horas de 70 minutos.
O ilusionista Fani e a maga Martín, aterran cun acto escénico desaxeitado para estes tempos: risas, divertimentos e atraccións infrecuentes e anómalas, coa misión do deleite dende estraños puntos de vista,...dende ángulos estrafalarios.
Benvidos e benvidas a uns encantos rebuldeiros, a uns despropósitos ordenados, a practicar novas exclamacións de abraio e a reescribir a actualidade, coa maga Fani e Martín Camiña-ilusionista, nunha chaparrada de maxia ledamente asimétrica.
TAMÉN POSIBILIDADE DE ACHEGAR TARIMA DE 6 x 4 metros (tarima tipo GUIL)
ILUSIONISTAS GUIÓN
A Maga Fani A Maga Fani
Martín Camiña Martín Camiña
DIRECCIÓN DESEÑO ILUMINACIÓN A Maga Fani Ángel Modia
Martín Camiña
TÉCNICO ILUMINACIÓN VESTIARIO
Chiqui Producións Herméticas
TÉCNICA DE SON COBERTURA TÉCNICA
Isa Escóitame Producións