Outro ilusionismo é posible...en igualdade.
"ERIC PLANCTO" QUIXO SER GAITEIRO
Cando “Eric Plancto” resolve ser gaiteiro e falar coa fala de quen toca a gaita, sorpréndese das situacións a superar para acadala:
-cando acude a algún concello, a facenda ou mesmo ó banco, danlle formularios só en castelán.
-practicamente, non atopa prensa escrita en galego
-mesmo no bar, cando pide “un café con leite”, pregúntanlle: “con leche?”
Porén, empeza unha viaxe de coñecemento, pescudando a verdadeira identidade da nosa terra: cancioneiros populares, gastronomía, lendas e toda unha realidade cultural e social que devece por investigar...asemade comeza a cavilar na idea de empadroarse aquí.
Espectáculo de maxia, humor, defenda das nosas tradicións, música de gaita ao vivo en diferentes intres e participación do público.
En resumo, un espectáculo para estarmos fachendos@s do que somos.
ILUSIONISTA GAITEIRO GUIÓN
A Maga Fani Martín Camiña A Maga Fani
DIRECCIÓN DESEÑO ILUMINACIÓN A Maga Fani Ángel Modia
Martín Camiña
TÉCNICO ILUMINACIÓN VESTIARIO
Chiqui Producións Herméticas
TÉCNICA DE SON COBERTURA TÉCNICA
Isa Escóitame Producións