Outro ilusionismo é posible...en igualdade.
FALO PORQUE ME PETA
Atopámonos no ano 111 d.CE. (despois de Celso Emilio) ou ano 2023 nalgunhas civilizacións.
Unha viaxe escénica, máxica e lingüística percorre cada recanto do país, amosando as anormalidades decotío no uso do galego, a realidade laboral do idioma e a marabilla de posuír un “Monte Pindo” de fala propia, nun espectáculo de ilusionismo máis sorprendente que atopar un programa cultural na televisión.
Dende A Coruña até Tui, pasando polo Carballiño, Costa da Morte, Os Ancares etc., recolleremos, canda moitas sorpresas e abraios, un campo inzado de ledicias, anomalías e paixón polo galego.
Número de persoas no mundo coas que podemos comunicarnos na nosa lingua, porcentaxes actuais de galegofalantes, prexuízos en entrevistas de traballo, uso do galego nos medios de comunicación, maxia, comicidade, participación do público e moito máis, para un espectáculo cun fío condutor:
“falar galego porque si, porque nos peta”
ILUSIONISTA GUIÓN
A Maga Fani A Maga Fani
DIRECCIÓN DESEÑO ILUMINACIÓN A Maga Fani Ángel Modia
Martín Camiña
TÉCNICO ILUMINACIÓN VESTIARIO
Chiqui Producións Herméticas
TÉCNICA DE SON COBERTURA TÉCNICA
Isa Escóitame Producións

