Outro ilusionismo é posible...en igualdade.
IGUALDADE: ¿EXISTES?
A nosE heroínE, “DesesperanzE”, nace nesta era tecnolóxica; atopámonos na época máis
rica, moderna e cómoda da historia:
plataformas con calquera contido a imaxinar, viaxes a Marte, chips que se instalan
dentro do cerebro, física cuántica, IA que ía traballar para nós pero agora ameaza ao ser humano...
Ela é unha máis da xeración da desesperanzE, onde calquera pinga existente de igualdade vaise diluíndo, debido a gobernos corruptos, países caciquís, presidentes con delirios de
Premio Nobel, “Premias” Nobel con delirios de presidencia, virus repentinos e mortais,...en resumo, nosa protagonista, “DesesperanzE”, filla de “Esperanza Marzal” e neta de toda
unha saga de mulleres loitadoras, non só terá que traballar en “marzal”, senón tamén en “anual”,...¿existe o que busca?.
A través da maxia e cravando espadas herdadas de xeracións anteriores, ten claro seus obxectivos, de feito seguen sendo os mesmos que no século pasado, porque lonxe de construír igualdade, perdeuse moita da existente:
entón, que as persoas, seres vivos en xeral, mulleres, animais domésticos e salvaxes, homes desesperanzadEs todEs, poidan desenvolverse como tales en calquera lugar do mundo. Que como seres humanos tod@s teñan dereito a cobrar o mesmo polo mesmo traballo,
a poder manifestar o que pensan sen represalias, a mercar vivenda,
a poder votar, a ser tratad@s e respectad@s con dignidade, participar na sociedade ou estudar sexa cal sexa seu xénero.
A extinguir as prácticas abusivas, a violencia de xénero e demais diferenzas sociais que rompen, e sempre romperon, os dereitos das persoas. A non ser escrav@s dun país, dun goberno.
Maxia e humor para procurar unha igualdade real e xenuína, nun espectáculo ateigado de ilusións e participación da concorrencia.
ILUSIONISTA GUIÓN
Maga Fani Maga Fani
DIRECCIÓN DESEÑO ILUMINACIÓN
Maga Fani Ángel Modia
Martín Camiña
TÉCNICO ILUMINACIÓN VESTIARIO
Chiqui Producións Herméticas
TÉCNICA DE SON COBERTURA TÉCNICA
Isa Escóitame Producións
Maga Fani. Magas en Galicia. Magos en Galicia. Espectáculos de maxia para institucións públicas, empresas, eventos. Outro ilusionismo é posible...en igualdade. Magas Galicia. Magos Galicia.