Outro ilusionismo é posible...en igualdade.
MAXIA PLURICELULAR
Benqueridas células procariotas e eucariotas!.
Benqueridos organismos unicelulares e pluricelulares!.
Benquerida xente!.
Velaquí chega A Maga Fani para compartir un feixe de maxias, conxugadas cunha escolma de momentos de humor biolóxico.
Espectáculo composto de 3 partes: membrana, núcleo e citoplasma…non!.
Quixer dicir: comezo, nó e desenlace...porén o nó será o dunha corda máxica.
Benvidas e benvidos a un acto escénico que, ao romper a membrana celular non sae citoplasma,...senón que escacharemos coa risa e abriremos a boca coas sorpresas dunhas ilusións ben extravagantes.
ILUSIONISTA GUIÓN
A Maga Fani A Maga Fani
DIRECCIÓN DESEÑO ILUMINACIÓN A Maga Fani Ángel Modia
Martín Camiña
TÉCNICO ILUMINACIÓN VESTIARIO
Chiqui Producións Herméticas
TÉCNICA DE SON COBERTURA TÉCNICA
Isa Escóitame Producións