Outro ilusionismo é posible...en igualdade.
As NOSAS ANCESTRAS ANÓXANSE: ¿QUE ACONTECE COA NOSA LINGUA?
As deusas e matriarcas da nosa terra, dende o máis alá, ollan e anóxanse ao ver o que os humanos fixeron coa súa lingua: como foi deostada, ao comprobar como descenderon o número de falantes,... sorpréndense cando, case non atopan prensa escrita en galego e mesmamente abráianse cando piden “un café con leite” e escoitan: “¿con que?”.
Porén, esas deusas e matriarcas da nosa terra contactan coa Maga Fani, recibindo ela a seguinte información encriptada:
“canto te atopes no ano 114 d.CE. (despois de Celso Emilio), herdarás unha espada “antialdraxes”, coa misión de realizar unha viaxe escénica, máxica e lingüística. Percorre cada recanto do país, dende Fisterra até O Rosal, pasando por Ribadavia, Lourenzá e Os Ancares. Amosa, ora as anormalidades decotío no uso do galego, ora a marabilla de posuír un “Monte Pindo” de fala propia e realiza un espectáculo de ilusionismo, e amor pola nosa lingua, que sexa máis sorprendente que atopar un programa cultural na televisión.
Esta é a túa finalidade, un propósito de estima e consideración pola nosa cultura”.
ILUSIONISTA GUIÓN
Maga Fani Maga Fani
DIRECCIÓN DESEÑO ILUMINACIÓN Maga Fani Ángel Modia
Martín Camiña
TÉCNICO ILUMINACIÓN VESTIARIO
Chiqui Producións Herméticas
TÉCNICA DE SON COBERTURA TÉCNICA
Isa Escóitame Producións